Quen somos

A historia da Sociedade Galega de Reumatoloxía (SOGARE) comeza a tomar forma nos primeiros anos da década dos oitenta do século pasado, onde os pioneiros profesionais de Reumatoloxía galega decidiron formalizar legalmente unha asociación de carácter científico e cuxo ámbito xeográfico foi a nosa autonomía recentemente creada. Actualmente, a SOGARE representa a máis de media centea de reumatólogos de Galicia.

A nosa Sociedade ten como obxectivo acadar a atención dos pacientes con patoloxías reumáticas en termos de excelencia.

Dende a súa creación, hai máis de 30 anos, a nosa sociedade ten desenvolvido varios proxectos destinados a profesionais nas áreas de formación, investigación, a divulgación científica e o establecemento dunha rede de expertos en reumatoloxía en Galicia. Neste sentido, destaca varios documentos en consenso e a organización de reunións científicas nunha base rotativa polas principais cidades galegas, que foron realizados semestralmente ou anualmente ininterrompidamente ata hoxe. Ademais, a nosa Sociedade promove actividades en pro da calidade asistencial, conciencia social e o apoio para os pacientes e familiares.