MANUAL PARA DOENTES: ENFERMIDADES REUMATOLÓXICAS
Máis de medio millón de persoas padecen en Galicia unha das máis de 200 enfermidades reumáticas que se coñecen na actualidade. As enfermidades reumáticas son as doenzas crónicas máis frecuentes en España. De feito, o último Estudo EPISER 2016 (Estudo da Sociedade Española de Reumatoloxía sobre a prevalencia de enfermidades reumáticas na poboación adulta en España) sinala que 1 de cada 4 persoas padece unha enfermidade reumática.