O vindeiro 30 de novembro e 1 de decembro terá lugar o XLVIII congreso da Sociedade Galega de Reumatoloxía en Pontenvedra.
Queridas compañeiras e compañeiros,

É una honra e un privilexio compartir con todos vós, neste ano 2018, o XLVIII CONGRESO DA SOCIEDADE GALEGA DE REUMATOLOXÍA, que terá lugar en Pontevedra os días 30 de Novembro e 1 de Decembro.

Preparamos o programa científico con gran entusiasmo e coa esperanza de que sexa do voso interese para que xuntos, poidamos ampliar o noso coñecemento e xestionar con eficacia os desafíos que presenta a nosa especialidade.

Dende estas liñas animámosvos a asistir e convidámosvos a visitar a web para coñecer o programa científico que desenvolvemos coa ilusión de poder compartir con vos gratos momentos nesta interesante e bela cidade.

Unha aperta a todos. Desexando vervos en Pontevedra.

Susana Romero Yuste
Presidenta da SOGARE