Información a pacientes

As enfermidades reumáticas inclúen as patoloxías do sistema osteomuscular e as enfermidades reumáticas autoinmunes.

As enfermidades do aparato locomotor caracterízanse pola aparición de cambios nun ou máis dos elementos que forman este sistema, por exemplo, ósos, articulacións, músculos, tendóns e ligamentos pero poden afectar tamén outros órganos.

As enfermidades autoinmunes son aquelas nas que o sistema inmunolóxico se altera. Os sistema inmunolóxico está deseñado para defendernos contra o alleo, microorganismos ou células tumorais. Recoñece en condicións normais o propio como propio (tolerancia fronte a o propio). Nas enfermidades autoinmunes pérdese esta tolerancia e o sistema inmunolóxico vólvese contra o propio. As propias células loitan o producen anticorpos fronte os  tecidos dando lugar ó dano que pode aparecer en calquera órgano: pulmón, corazón, riles, sistema nervioso, pel, ollos..

Existen o redor de 300 enfermidades reumáticas. Incluso algunhas enfermidades que teñen como expresión fundamental o aparato locomotor como a artrite reumatoide , espondiloartrite e outras, ademais de afectar ás articulacións poden danar outros órganos e incluso os vasos sanguíneos. Isto ocorre cando non se controlan adecuadamente. E por isto que, ademais do control da inflamación, levar una vida saudable, dieta san e evitar tóxicos como alcohol, tabaco etc é fundamental  tanto na prevención como no manexo dos pacientes que xa teñen a enfermidade.

En moitas de estas patoloxías existe unha predisposición xenética que non e suficiente por si soa para desencadear a enfermidade. Sobre os pacientes que teñen determinados xenes actúan factores hormonais e ambientais que desencadean o inicio da enfermidade

As enfermidades reumáticas poden aparecer a calquera idade incluso en nenos.

O reumatólogo por formación e experiencia, é  o médico especialista máis preparado para diagnosticar e tratar enfermidades do sistema músculo-esquelético, artrose, artrite, osteoporose etc e as enfermidades autoinmunes como Lupus eritematoso sistémico, Síndrome de Sjögren, Esclerose sistémica, Miopatías autoinmunes, vasculites etc.

No seguinte enlace podes ver as enfermidades das que se fan cargo os reumatólogos e que forman parte do seu programa de formación: http://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2009-16994

Recomendacións xerais para pacientes con enfermidades reumáticas

1. ALIMENTACIÓN
  • Debemos evitar a obesidade: un exceso de peso exerce máis presión nas articulacións e nos ósos ademais de favorecer a dor en caso de artrose ou enfermidades que cursan con inflamación articular.
  • Reducir o consumo de graxas: as graxas proporcionan dúas veces máis calor no noso corpo que os azucres e proteínas, facendo pequenas reducións na inxestión de graxa é proporcionar unha redución significativa en calorías. As graxas son de tres tipos: saturados, monoinsaturados e poliinsaturados. Debemos intentar reducir os tres tipos de graxas, pero especialmente as graxas saturadas (como o queixo graxo, margarina, leite enteira, graxas de cociña, galletas, bolos e snacks), porque elas non teñen papel importante no noso corpo e pode agravar a súa artrite. É sano pola contra o aceite de oliva sen cociñar que se pode engadir ás ensaladas ou con tostadas de pan integral.
  • Reducir o consumo de azucre refinado: o azucre contén calorías pero ningún valor nutricional, de xeito que estas calorías son chamadas “calorías baleiras”. Existen formas naturais de adozar sen necesidade de engadir azucre como usar anacos de froitas frescas ou froitos secos (como pasas) para mesturar con certos alimentos (por exemplo, cereais de almorzo), proporcionando dozura.
  • A inxestión regular de froitas e vexetais crus proporciona o consumo axeitado de vitaminas e minerais. Débese evitar a repostería industrial que ademáis de graxas leva grandes cantidades de azucre.
  • Dieta rica en calcio e vitamina D é imprescindible para manter unha boa saúde, previr a osteoporose e evitar fracturas. Ademáis dos produtos lácteos, son ricos en calcio e vitamina D algunhas verduras (como brócolis, espinacas, acelgas, coles de Bruxelas… ), os froitos secos (améndoas, avelás, noces), peixe azul e os ovos. É axeitada a exposición diaria a luz do día polo menos 20 ou 30 minutos. É suficiente coa exposición nas mans ou a cara para sintetizar a vitamina D.

En resumo:

Recoméndase unha dieta con legumes, froitas, zumes naturais, hortalizas e verduras frescas, cereais, alimentos integrais, peixes, carnes brancas, carne roxa un día por semana, aceite de oliva, alimentos ricos en calcio e vitamina D. Terase en conta que non exista contraindicación dalgún destes alimentos en casos determinados polas características particulares de cada paciente.

Evitaránse tabaco, alcohol, bebidas doces non naturais ou gaseadas, o exceso de sal e tóxicos.

2. HÁBITOS TÓXICOS
  • Fumar: resulta especialmente prexudicial para as enfermidades reumáticas. Fumar altera o noso sistema inmune e está implicado en varias das enfermidades reumáticas. Tamén é un importante factor de risco para a osteoporoses e aumenta o risco de fracturas. Ademáis o tabaco reduce a efectividade dalgúns dos tratamentos que se usan en Reumatoloxía.
  • Alcohol: inda que o consumo dun vaso de viño tinto coa comida pode ser saudable en xeral no se aconsella o consumo de alcohol en pacientes con enfermidades reumáticas. Especialmente contraindicado en pacientes con gota (non deben tomar licores, bebidas gaseadas nin cervexa, incluso sen alcohol, polo seu contido en purinas). Tamén é especialmente prexudicial para os ósos favorecendo a osteoporose e aumentando o risco de fractura cando se consumen tres ou máis bebidas alcohólicas ó día. O alcohol tamén pode resultar prexudicial en combinación con algún dos tratamentos que se usan para estas enfermidades aumentado o risco de danar o fígado. Recorda que o viño “da casa” é igual de prexudicial que calquera outra bebida alcohólica.
  • Tóxicos ou drogas
3. ACTIVIDADE FÍSICA

Pode “queimar” o exceso de calorías da nosa dieta ou que é depositado na nosa panículas graxas, permitindo a perda de peso. Pero tamén ten outras vantaxes que poden favorecer a boa evolución de enfermidades reumáticas, como manter ou mellorar a mobilidade das articulacións, manter a masa muscular, estimular a formación ósea, aumentar a nosa estabilidade e favorecer o benestar psicolóxico das persoas que o realizan. Recoméndase practicar regularmente, especialmente exercicio físico moderado e de tipo aeróbico como pode ser a ximnasia na auga, camiñar, Pilates, Ioga … Dependendo da túa enfermidade e do estado no que estea, o teu Reumatólogo pódeche aconsellar  cal e o mellor tipo de exercicio que podes realizar.

Por último as enfermidades reumáticas inflamatorias están asociadas a un incremento do risco de padecer enfermidade cardiovascular (como poden ser os infartos) polo que é especialmente importante levar un bo control dos factores de risco cardiovascular (tensión arterial, peso, diabetes ou colesterol).  De aí que sexa  importante manter uns bos hábitos de vida (dieta saudable, facer exercicio, evitar a obesidade) e evitar o consumo de tóxicos, como fumar.
Calquera dúbida que xurda pode ser aclarada no seu Servizo de Reumatoloxía.